Monday 13 de May de 2024

Valeria Castro, proposta aos Grammy Latinos, seguinte artista do ciclo Selección Sonora do Ágora


The Sonics cancelou por motivos de saúde a súa actuación prevista para o 6 de novembro no Centro Sociocultural Ágora

Este mes de setembro, o vindeiro sábado 30 (20.30 horas), programarase unha nova cita do ciclo Selección Sonora co concerto de Valeria Castro.

A artista canaria estase a converter nun referente entre as cantautoras nacionais. De feito, resultou proposta a ‘Mellor canción de cantautor’ nos Grammy Latinos 2023. As últimas entradas están á venda en Ataquilla e no despacho de billetes da praza de Ourense.

O ciclo Selección Sonora busca fomentar a difusión cultural na cidade e potenciar os equipamentos municipais dos barrios, como é o Centro Sociocultural Ágora. O obxectivo do Goberno de Inés Rey con este ciclo é recuperar o auditorio deste espazo como recinto de grandes actuacións, apostando por artistas de gran prestixio nacional e internacional. Por el pasaron xa Israel Fernández e Diego del Morao, Temples e Allah-Las, tres formacións que tiveron un grande éxito de venda de entradas e de crítica.

Por outra banda, o concerto que a banda The Sonics tiña previsto ofrecer o vindeiro luns 6 de novembro no Centro Sociocultural Ágora cancélase por enfermidade dun dos artistas. As persoas que adquiriron as entradas a través da plataforma Ataquilla recibirán unha comunicación indicando o procedemento para a devolución do importe, mentres que para os compradores de entradas físicas terán que tramitala no despacho de billetes da praza de Ourense.